

ALMA

Baixo esta etiqueta están os libros e traballos artísticos centrados na evolución persoal e espiritual do ser humano. Se algo caracteriza a carreira artística de Carmen Penim é a total liberdade coa que segue o seu corazón e inspiración.
Só hai que observar a súa evolución estilística. Non casa cunha fórmula que “funciona” senón que segue sempre o instinto e permanece fiel á súa creatividade, á marxe de posibles criterios comerciais. Deste xeito, o seu percorrido de vida lévaa a afondar na súa conexión coa natureza e a espiritualidade máxica da terra, as árbores, os penedos, as augas, e o divino, que atopan na súa voz unha canle que vai directa ao corazón do público… Unha expresión que vai máis alá do artístico e literario, entroncando coa mística druídica e celta e a doutras tradicións do mundo.
Música conectada

Música Conectada é unha experiencia sanadora e transformadora as persoas participantes. É un rito de sanación por medio da música e a auga e o son das plantas, _que se capta mediante un dispositivo electrónico_ co que Carmen improvisa cantando, ás veces acompañada do piano de Maurizio Polsinelli ou só co ·"Plant Wave e o seu tambor. Un verdadeiro salto sen rede, nunha creatividade totalmente libre, sen etiquetas nin ataduras.
É unha verdadeira comunión coa natureza e o Espíritu, na que se viaxa ao centro do propio corazón e ao centro da terra, o mar e as estrelas.
Literatura con conciencia
Dentro do seu desexo de contribuír á evolución da sociedade humana, están os seus libros, tamén os infantís.
No 2025 editouse con Toxosoutos en colaboración coa Xunta, o audiolibro
A corazón aberto. Aprendendo a ser.
Carmen organiza talleres de Voz enfocados á conexión co propio corazón e á expresión do ser.
E talleres de crecemento persoal, autoestima, igualdade e corresponsabilidade, que adapta a diversos públicos: escolas, asociacións, anpas… en colaboración coa empresa Coeducontando.
que tamén verá a súa versión en castelán no 2026. Un “manual” de consciencia e presencia plena (mindfulness) para o autocoñecemento e a evolución persoal, que contén 12 audio-meditacións e outras sinxelas pero potentes ferramentas prácticas.

