
Infantil
A vertente máis divertida e dinámica de Carmen Penim é a súa faceta como contacontos infantil.
Cos seus propios contos e cancións, que canta en directo, os espectáculos son sempre moi participativos, divertidos e tenros, con contidos que axudan a nenos e nenas a imaxinar un mundo máis fermoso e xusto.
Autoestima, colaboración, natureza, acoso, diversidade sexual, xestión das emocións, empoderamento das nenas… e mesmo meditación para os peques, son algúns dos temas que latexan nos seus contos e cancións. Como no seu audiolibro
A FRAGA DE PASACORRENDO
Colabora con Anpas, asociacións e concellos a través da empresa Coeducontando.

Espectáculos de 2026: A fraga de Pasacorrendo, O estraño caso da pedra Brum Brum, O misterioso tesouro da serea, Puntos cores e melodías, Quique o lagarto que quería ser paxaro, A ra Pipa e o picapeixe que a ensinou a cazar. Talleres: Que equipazo! (corresponsabilidade para familias).


















