top of page
Bosque

ALMA

Baixo esta etiqueta están os libros e traballos artísticos centrados na evolución espiritual e persoal do ser humano. Se algo caracteriza a carreira artística de Carmen Penim é a total liberdade coa que segue o seu corazón e inspiración. Só hai que observar a súa evolución estilística para notar a gran variedade de proxectos. Non casa cunha fórmula que “funciona” senón que segue sempre o instinto e permanece fiel á súa creatividade, á marxe de posibles criterios comerciais. Deste xeito, a súa evolución persoal lévaa a afondar na súa conexión coa natureza e a espiritualidade máxica da terra, as árbores, os penedos, as augas, e o divino, que atopan na súa voz unha canle que vai directa ao corazón do público… 

Música conectada

Música Conectada é unha experiencia sanadora e transformadora.tación para os e as participantes. É un rito de sanación por medio da música e a auga e o son das plantas, _que se capta mediante un dispositivo electrónico_ co que Carmen improvisa cantando e Maurizio a acompaña ao piano. Un verdadeiro salto sen rede, nunha creatividade totalmente libre, sen etiquetas nin ataduras.

É unha verdadeira comunión coa natureza e o Espíritu, na que se viaxa ao centro do propio corazón e ao centro da terra, o mar e as estrelas.

Literatura con conciencia

Dentro deste desexo de contribuír á evolución da sociedade humana, están os seus libros, tamén os infantís. 

No 2025 editouse con Toxosoutos e a colaboración da Xunta, o audiolibro  

A corazón aberto. Aprendendo a ser.

Que tamén verá neste mesmo ano, a súa versión en castelán. Un “manual” de consciencia e presencia plena (mindfulness) para o autocoñecemento e a evolución persoal, que contén 12 audio-meditacións e outras sinxelas pero potentes ferramentas prácticas.

Carmen organiza talleres de Voz enfocados á conexión co propio corazón e á expresión do ser. E talleres de crecemento persoal, autoestima, igualdade e corresponsabilidade, que adapta a  diversos públicos: escolas, asociacións, anpas…

galego A corazón aberto.jpg

Acompañamento espiritual

Flor de loto rosa

É coñecido o efecto sanador do canto, pero a voz pode ter un efecto terapéutico máis profundo. Pódese concertar con Carmen unha sesión individual terapéutica de sanación co son, coa voz, a enerxía, e con posibilidade tamén de recibir unha sesión de cartas asociativas OH, as cales axudan a mirar no propio interior e aportan claridade na toma de decisións. 

Carmen acompaña procesos vitais, emocionais e espirituais con respecto e afecto.

bottom of page