top of page

Infantil

A vertente máis divertida de Carmen Penim é a súa faceta como contacontos infantil.
Cos seus propios contos e cancións, que canta en directo, os espectáculos son sempre moi participativos, divertidos e tenros, con contidos que axudan a nenos e nenas a imaxinar un mundo máis fermoso e xusto. Autoestima, colaboración, natureza, xestión das emocións, empoderamento das nenas… e mesmo meditación para os peques, son algúns dos temas que latexan nos seus contos e cancións. Como no seu libro A FRAGA DE PASACORRENDO, que en poucos meses esgotou a primeira edición e viu unha segunda.

Ademais deste contacontos, tamén ten música e contos para bebés, e para educación infantil "O extraño caso da Pedra Brum Brum," un conto de corresponsabilidade, colaboración, igualdade e emocións a flor de pel, cos toques divertidos e tenros que a caracterizan. En colaboración con Coeducontando, o obradoiro-espectáculo “Puntos, cores e melodías” xira arredor de cinco artistas mulleres de distintos lugares do mundo. E mentres as coñecen, os nenos e nenas realizan actividades creativas coa pintura, as formas e a música, e cantan con Carmen.

Imparte tamén obradoiros e charlas para escolas de familias en colaboración coas Anpas: igualdade, corresponsabilidade, xestión emocional...

_mfg7876_53406433324_o.jpeg
bottom of page